O Instituto de Turismo de España (Turespaña) convoca Bolsas para a realización de actividades ou prácticas formativas na rede de Consellarías de Turismo no exterior dependentes do Instituto de Turismo de España ou nos servizos centrais do mesmo.
Beneficiarios:
a) Nacionalidade. Estar en posesión da nacionalidade española ou dalgún dos Estados membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo.
b) Titulación. Estar en posesión dos títulos universitarios de Graduado, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, ou Máster Oficial (RD 1509/2008 do 12 de setembro), ou de Diplomado en Turismo, Ciencias Económicas, Empresariais, Socioloxía, Xestión e Administración Pública, sempre que se cursasen os estudos e superado as probas para a obtención do correspondente título nun período de tempo comprendido entre os seis anos anteriores ao da convocatoria das bolsas e antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os solicitantes estranxeiros haberán de presentar as titulacións equivalentes ás esixidas aos españois.
c) Cualificacións. As persoas posuidoras dun título de grao, licenciatura, máster oficial, arquitectura ou enxeñería deberán ter unha nota media igual ou superior a seis sobre dez. As persoas posuidoras dun título de diplomatura en Turismo, Ciencias Económicas, Empresariais, Socioloxía, ou Xestión e Administración Pública deberán ter unha nota media igual ou superior a sete sobre dez.
d) Idiomas. Acreditar, mediante certificación de institución académica oficial, posuír coñecemento do idioma inglés, o nivel mínimo haberá de ser C1. Os estranxeiros deberán posuír un coñecemento do castelán de nivel mínimo C1.
O número máximo de beneficiarios será de 36, poderán ser nas Consellarías de Turismo no estranxeiro e nos servizos centrais.
Prazo de presentación de solicitudes: do 25 de agosto ao 14 de setembro 2026.
Máis información: TURESPAÑA

