Continua aberto o prazo de matrícula en ofertas de formación profesional con prazas dispoñibles ata o día 4 de setembro ás 13:00 horas.
Para matricularse en prazas liberadas a única condición é cumprir os requisitos de acceso para o ciclo ou curso de especialización correspondente. A matrícula en calquera oferta de formación profesional con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión de formación profesional e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas de calquera tipo de oferta, modalidade e grao.
Ciclos e cursos de especialización de FP con prazas liberadas:
– Oferta dual intensiva.
– Oferta de Formación acelerada.
– Oferta ordinaria.
– Oferta modular.
– Cursos de especialización.
– Formación profesional básica
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo ou curso de especialización teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase no propio centro por orde de chegada.
Consulta a oferta de prazas liberadas no seguinte enlace: EDU.XUNTA/FP

