Apoio a proxectos audiovisuais

O Programa Rueda Academia de Cine diríxese a guionistas emerxentes ou profesionais, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten iniciativas centradas no desenvolvemento de proxectos, en formato de longametraxe ou serie de TV e de calquera xénero (ficción, documental ou animación).

Como se articula?
Durante os sete meses que dura o Programa, organizaranse ata 3 encontros presenciais en ata tres diferentes cidades españolas que acollerán os espazos de mentorías e asesoramento así como un espazo de formación que compartirán cos residentes do programa Residencias Academia de Cine e profesionais da industria audiovisual de cada cidade.

Cales son os criterios de selección?
Seleccionaranse un mínimo de dous proxectos que terán que ser desenvoltos por persoas que desenvolvan a súa actividade profesional fóra dos núcleos centralizados do territorio español (cidades con menos de 400.000 habitantes), e polo menos un proxecto desenvolverase por persoas académicas da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.

Así mesmo, a selección das persoas beneficiarias tenderá á plena paridade entre homes e mulleres, procurando que a selección final conte coa presenza do 50% de mulleres.

Na selección das persoas participantes, prestarase especial atención a cineastas con miradas innovadoras sobre a representatividade de colectivos excluídos ou mal representados no noso audiovisual, así como a persoas cineastas que proveñan destes colectivos e cineastas menores de 30 anos.

O Programa ofrecerá ás persoas beneficiarias:
– Unha achega económica de 7.000 € en total.
– O programa correrá a cargo dos gastos de desprazamento das persoas beneficiarias ás cidades na que teñan lugar os encontros, no caso de que sexan cidades que non estean na mesma provincia na que reside. Ademais, correrá a cargo do aloxamento durante os días que ten lugar cada un dos encontros.
– Programa de asesoría de mentores: cineastas de recoñecido prestixio asesorarán ás persoas beneficiarias durante o programa. Para iso, as persoas beneficiarias reuniranse cos seus mentores de forma presencial durante os encontros nas diferentes cidades que acollen o programa.
– Formación audiovisual impartida por profesionais e centrada nas diferentes fases da creación dun proxecto cinematográfico.
– Atención continuada por parte do equipo de coordinación do Programa.
– Inmersión e participación nas actividades da Fundación e/o Academia de Cinema, destinadas a enriquecer a experiencia das persoas beneficiarias, así como participación en formato telemático en todas as actividades que así o permitan que se desenvolvan dentro doutros programas da Academia e/o a Fundación (como Residencias Academia de Cinema).
– Presentación dos Proxectos dirixida a representantes da industria.

O prazo para presentar proxectos permanecerá aberto ata o día 30 de abril de 2024 ás 13:59.

https://www.academiadecine.com/programa-rueda