Salas de Ensaio Vigosónico: Inscricións e Renovacións Abertas

Vigosónico | Distrito Creativo abre o prazo para inscricións e renovacións das súas salas de ensaio. 

Se es parte dunha banda ou solista, esta é a túa oportunidade para ensaiar nun ambiente moderno e ben equipado nestas instalacións de Xuventude do Concello de Vigo.

Requisitos para optar a unha quenda semanal de ensaio:

  • Cando menos, a metade máis un dos membros deben estar empadroados en Vigo (ou ser estudantes matriculados na cidade).
  • As quendas serán outorgadas por orde de inscrición.
  • Se houbera que baremar, terase en conta o número de membros empadroados e o número de persoas menores de 35 anos.
  • As bandas novas usuarias en Vigosónico tamén terán prioridade nos desempates.

Obter unha praza: terán a oportunidade de elixir tres opcións de quendas semanais para aumentar as posibilidades de obter unha praza.

Duración do disfrute: De maio a xullo de 2024.Renovación ou inscrición para o seguinte trimestre comezará en setembro 2024.

Equipamento das salas de ensaio:2 micros
1 batería
1 amplificador de baixo
2 amplificadores de guitarra
Mesa multicanal
2 altavoces

Responsabilidades das bandas:

  • Deberán dispoñer de baquetas, cables e demáis instrumentos (agás a batería).
  • Ler atentamente e aceptar as normas de uso das salas (enlace no formulario de inscrición).

Para calquera dúbida, contacta a través de email vigosonico@gmail.com ou ao teléfono 986616388 de martes a domingo en horario de 16:30h a 21:30h.

¡Non deixes pasar esta oportunidade de desenvolver o teu talento musical en Vigosónico!