III Certame artístico “Amigos dos Animais”

A Secretaría de Dereitos Sociais convoca o III Certame artístico “Amigos dos Animais”, modalidade carteis publicitarios.

A finalidade é a creación de obras artísticas, na modalidade de carteis publicitarios, co propósito de fomentar actuacións exemplares en materia de protección e benestar dos animais domésticos, que fomenten a tenencia responsable, a loita contra o abandono e o respecto cara aos animais de compañía.

Pode participar calquera persoa maior de idade ou menor con autorización do seu representante legal, e tamén centros educativos e asociacións.

Modalidades e formato:
– O tema dos carteis deberá versar sobre actuacións exemplares en materia de protección e benestar dos animais domésticos, que fomenten a tenencia responsable, a loita contra o abandono e o respecto cara aos animais de compañía.
– Non se admitirán obras que inclúan elementos sexistas, pornográficos, racistas ou que exalten a intolerancia na convivencia ou a violencia.
– As obras deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas noutros certames públicos ou privados.
– A execución dos carteis realizarase mediante técnica libre, tendo en cuenta que a reprodución da serie gañadora levará a cabo en cuatricromía, polo que se exclúen as tintas de cor oro, prata e fosforescentes.
– As obras presentaranse en formato JPEG ou similar, e deberán estar conformadas por unha serie de ata 4 carteis publicitarios, compostos por imaxe e título.
– As obras presentadas en formato JPEG ou similar, terán unhas dimensións de 3600×5400 pixeles e unha resolución non menor de 300 ppp. O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 engadirá un faldón aos carteis integrantes da obra gañadora para inclusión de logos e/o publicidade institucional, reservándose o dereito para determinar o seu contido.
– A serie de carteis publicitarios deberá ir acompañada dun catálogo descritivo en formato PDF, explicando a mensaxe que o autor ou autora pretende transmitir.

Premios
a) Un Premio “Mellor serie Carteis Publicitarios: Amigos dos Animais”, dotado con 5.000 € e diploma, así como a difusión da obra, tanto en soporte electrónico como en papel.
b) Cinco accésits “Mención Especial Serie Carteis Publicitarios: Amigos dos Animais”, dotados con 500 € e diploma cada un, así como a difusión das obras premiadas, tanto en soporte electrónico como en papel.

O prazo de presentación de solictudes estará aberto ata o 26 de xullo de 2024
Máis información no BOE do 25 de maio de 2024 e en https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/756594