Axudas á contratación de persoas mozas menores de 30 anos

A Xunta de Galicia convoca o Plan Galicia emprega de incentivos a contratación de persoas desempregadas.

Colectivos a que se dirixe a axuda:
A. Persoa moza
B. Muller
C. Persoa parada de longa duración
D. Persoa de 52 anos ou máis
E. Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira
F.  Mulleres en ocupacións masculinizadas
G. Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social

A liña de incentivos á contratación por conta allea inclúe catro modalidades de axudas:
a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

O incentivo á contratación dunha persoa moza será de 6.000 euros.

Entidades beneficiarias
– Persoas empregadoras e empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia
– Entidades sen ánimo de lucro

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal a través do formulario TR342C
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 31 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2025.
Máis información no DOG do 24 de xaneiro de 2025
https://emprego.xunta.gal/portal/gl/8-empresas/empresas-gl/219-apoio-a-contratacion-servizos.html