A finalidade destas axudas é a de apoiar ás mulleres en situación acreditada de violencia de xénero para afrontar unhas necesidades derivadas principalmente da violencia de xénero no proceso de ruptura co agresor e sempre que, a xuízo dos servizos municipais de atención á muller, non poidan ser cubertas pola beneficiaria.
O programa diríxese ás mulleres vítimas de violencia de xénero, usuarias dos dispositivos municipais de atencións ás mulleres do Concello de Vigo.
+Info: Boletín Oficial Pontevedra