Bolsas de colaboración en departamentos universitarios

O Ministerio de Educación convoca 2.431 bolsas que se destinan a facilitar a colaboración dos estudantes universitarios nos departamentos universitarios, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, co fin de iniciarse en tarefas de investigación vinculadas cos estudos que están a cursar e facilitar a súa futura orientación profesional ou investigadora.

A dotación total e única da bolsa para todos os beneficiarios será de 2.000 €.

Requisitos:
Poderán solicitar bolsas colaboración os estudantes universitarios que no curso 2024-2025 estean matriculados de último curso de estudos de Grao ou de primeiro curso dun Máster universitario oficial e que, entre outros requisitos académicos, obtivesen como nota media nos seus estudos a que se sinala a continuación para cada unha das ramas de titulacións oficiais:
7,25 puntos para a rama de Enxeñería e Arquitectura ou Ensinos Técnicas
7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas
7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde
8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades

A dotación da bolsa de colaboración será de 2.000 €

A solicitude deberase cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a «Trámites e Servizos»

O prazo para presentar a solicitude estará aberto dende o 11 de xuño ata o 17 de setembro de 2024.
Máis información no BOE do 30 de maio de 2024 e en http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/becas-ayudas.html