Bolsas de investigación no CSIC

O Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca 300 bolsas para estancias de sete meses consecutivos, de introdución á investigación “JAE Intro”

Requisitos:
– Estar matriculados/as nun grao, título universitario oficial, de 240 “European Credit Transfer and Accumulation System” no curso académico 2023-2024 e que teñan polo menos 180 ECTS ou o 75% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
– Estar matriculados/as nun grao, título universitario oficial, de polo menos 300 ECTS no curso académico 2023-2024 e que teñan polo menos 240 ECTS ou o 80% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
– Estar matriculados/as nun dobre grao, título universitario oficial, de 300 ECTS ou máis, no curso académico 2023-2024, e que teñan polo menos 240 ECTS ou o 80% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
– Estar matriculados/as nun Máster Universitario oficial durante o curso académico 2023-2024 ou 2024-2025.

Finalidade:
A iniciación de estudantes universitarios/as na carreira científica nas diferentes áreas globais do CSIC (Vida, Sociedade e Materia) mediante 300 bolsas para estancias de sete meses consecutivos en grupos de investigación que desenvolvan o seu labor nas diferentes estruturas de investigación coas que conta o CSIC, onde se desenvolve a actividade científica e técnica do CSIC, institutos de investigación, centros nacionais, plataformas temáticas interdisciplinares (PTI) e redes científicas. Propiciando unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución.

Prazo de presentación de solicitudes: 20 de maio de 2024

https://sede.csic.gob.es/programa-jae e no BOE do 19 de abril de 2024