Bolsas MAEC-AECID para capacitación de mozos e mozas españois

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca os Programas de Bolsas MAEC-AECID para capacitación de mozos e mozas españois.

Programa COOPERACIÓN: bolsas de capacitación para a mocidade española de formación en xestión da cooperación ao desenvolvemento nas Oficinas da cooperación española (OCE) e nas Oficinas da cooperación española especializadas – Centros de Formación (CF)
Requisitos.
a) Ter a nacionalidade española e estar en posesión de DNI.
b) Idade non superior a 27 anos ao 31 de decembro de 2024.
c) Posuír un título de grao.
d) Posuír coñecementos de idiomas.
e) Estar en posesión de pasaporte nacional no momento de incorporarse ao destino.
Duración.
Do 1 de febreiro de 2025 ao 31 de decembro de 2025.

Programa CULT: bolsas de capacitación para mozos españois de formación en xestión cultural e diplomacia científica na rede exterior de representacións diplomáticas e nas Oficinas da cooperación española especializadas – Centros Culturais (CC).
O obxecto deste programa é conceder bolsas formativas nas especialidades de:
– Xestión cultural
– Diplomacia científica
Requisitos.
a) Ter a nacionalidade española e estar en posesión de DNI.
b) Idade non superior a 27 anos ao 31 de decembro de 2024.
c) Especialidade xestión cultural: posuír un título de grao, preferentemente da rama de artes
e humanidades.
d) Especialidade diplomacia científica: posuír un título de grao da rama de ciencias.
e) Posuír coñecementos de idiomas.
f) Estar en posesión de pasaporte nacional no momento de incorporarse ao destino.

Programa COE: bolsas para a formación de mozos/as españois en asuntos europeos no Colexio de Europa.
O obxecto deste Programa é a concesión de ata dez bolsas a mozos e mozas españois graduados para a realización dun máster nunha das seguintes especialidades/áreas de estudo ofertadas polo Colexio de Europa:
– Estudos Económicos Europeos (ECO) (Campus de Bruxas, Bélxica).
– Dereito Europeo (LAW) (Campus de Bruxas, Bélxica).
– Estudos Políticos e Gobernanza Europea (POL) (Campus de Bruxas, Bélxica).
– Relacións Internacionais e Estudos Diplomáticos (IRD) (Campus de Bruxas,Bélxica).
– Estudos Interdisciplinares Europeos (EIS) (Campus de Natolin, Polonia).
De maneira excepcional concederanse ata tres bolsas a mozos españois para a realización do recentemente creado master:
– Transformación e Integración Europea – A UE e o Sueste de Europa (Campus de Tirana, Albania).

Prazos de solicitude
Programa COOPERACIÓN. Do 17 ao 30 de abril de 2024
Programa CULT. Do 17 ao 30 de abril de 2024
Programa COE. Do 23 de abril ao 8 de maio de 2024

Máis información en https://www.aecid.gob.es/activos
Convocatoria no BOE do 9 de abril de 2024