Bono remuda para o fomento do traspaso de negocios

A Xunta de Galicia convoca axudas do Bono remuda para o fomento do traspaso de negocios por remuda xeracional.

A finalidade desta orde é evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, ao tempo que se facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente.
Os negocios obxecto de remuda deberán ter o domicilio social e fiscal e/ou o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e estar inscritos na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Hai dúas liñas de axudas:
– Bono remuda rural, para negocios situados en concellos de menos de 5.000 habitantes, dotada con 1.000.000 €.
– Bono remuda xeral, para negocios situados en concellos de 5.000 ou máis habitantes

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de outubro de 2024
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR353D
Máis información no DOG do 6 de xuño de 2024 e en https://polosemprendemento.gal/