Carné Xove no teu teléfono móbil

Leva sempre contigo o teu Carné Xove no teléfono a través da aplicación XuntaEu 

Que é XuntaEu?
XuntaEu é a aplicación móbil que dá acceso aos principais servizos de administración dixital da Xunta de Galicia

Como accedo a XuntaEu?
Unha vez que teñas a app descargada (de Google Play se o teu móbil é do sistema operativo Android ou App Store se usas IOs) necesitarás Chave365 ou DNIe para poder acceder á app.

Unha vez que a teñas instalada, poderás acceder, entre outros servizos, a Tarxetas e seleccionar o Carné Xove

Tamén podes descargar o teu Carné Xove en formato pdf: https://carnexove.xunta.gal/gl/acceso-carne-virtual

Descontos do Carné Xove