Cartel do XVIII Festival Nigranjazz

O Concello de Nigrán busca un cartel que, como condición indispensable, teña como eixo central o mundo do jazz e a súa estética e que se empregará para a difusión do XVIII Festival Nigranjazz, que dende o ano 2010 está adicado á memoria do artista nigranés Quin Alborés, gran amante do jazz e veciño que impulsou o festival desde o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.

O traballo premiado será o que se empregue para a difusión do XVIII Festival NigranJazz deste ano 2024 en diferentes formatos (cartel, camiseta ou calquera outro medio)

No concurso poderán participar todas as persoas físicas maiores de 18 anos que o desexen, podendo presentar cada unha delas individualmente un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas.

A técnica a utilizar será libre dentro dos limites usuais para permitir unha normal reprodución fotomecánica. No caso de resultar gañador, o autor ou autora deberá aportar a obra en formato vectorial ou imaxe e a tamaño real para unha correcta impresión.

O prazo para presentar carteis estará aberto ata o 30 de abril de 2024

Establécese un único premio de 700 €