Concurso infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

A Escola Galega de Administración Pública, EGAP, convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, orientado aos nenos e nenas galegos con idades comprendidas nestas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.

A temática será libre. Terán unha extensión mínima de 1 páxina e máxima de 5. Deberán estar escritos por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman e tamaño de letra 12. En caso de presentar os textos en papel, deberá utilizarse o tamaño A4 e non unir as páxinas con clips, grampas ou outros elementos. As páxinas deberán estar numeradas.

A primeira páxina do conto deberá incluír unicamente o título e o pseudónimo. No conto non poderá figurar ningún dato que permita identificar a persoa participante.

Queda prohibido o uso de tecnoloxías de intelixencia artificial para a elaboración dos contos presentados.

Poderán presentarse traballos premiados noutros concursos, agás que xa fosen premiados anteriormente pola EGAP.

Premios para cada unha das categorías:
1º premio: 250 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 150 euros

Entrega:
Preferiblemente por vía electrónica a través dunha solicitude dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O código da solicitude é PR775A.
Tamén se pode entregar presencialmente.

prazo para presentar os relatos estará aberto ata o 13 de maio de 2024.

Documentación que tes que entregar:
1. Presentación electrónica:
a) Un arquivo que conteña o texto do conto. Este arquivo nomearase do seguinte modo: CONTO_Título do conto.
b) Un arquivo que conteña a copia do libro de familia onde consten os datos de nome/s, apelidos e idade da persoa menor que se presenta ao concurso, así como os datos das respectivas persoas proxenitoras. Este arquivo nomearase do seguinte modo: DATOS PERSOAIS_Título do conto.
c) Solicitude: https://sede.xunta.gal co código PR775A.

2. Presentación presencial:
a) Un sobre tamaño folio, pechado, coa seguinte inscrición na parte exterior: Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2024, título do conto e pseudónimo. Dentro do sobre debe incluírse unicamente o conto.
b) Copia do libro de familia onde consten os datos de nome/s, apelidos e idade do/da menor que se presenta ao concurso, así como os datos das respectivas persoas proxenitoras.

Máis información no DOG do 12 de abril de 2024