Concurso Manuel María de Composicións Musicais

A Casa-Museo Manuel María convoca o terceiro Concurso Manuel María de Composicións Musicais.

O certame ten por obxecto premiar a mellor canción lírica, para voz e piano, escrita sobre un poema de Manuel María.
As composicións deberán ser orixinais, inéditas, sen estrear e cunha duración máxima de cinco minutos e mínima de dous minutos e medio.
O poema será de libre elección da persoa concursante de entre todos os escritos por Manuel María, respectando sempre o orixinal, sen o someter a tradución.
Nesta edición a canción estará escrita para a voz de mezzo-soprano con acompañamento de piano.
Cada concursante poderá presentar un máximo de dúas cancións

Premios
Haberá unha canción gañadora e até catro finalistas. Os autores e autoras destas pezas recibirán un diploma acreditativo, alén de lles seren publicadas as partituras, das cales recibirán 10 exemplares. Esa publicación será ofrecida de forma gratuíta aos conservatorios de música de Galiza.
Outorgarase un único premio en metálico de 1.000 euros á canción gañadora

O concurso está aberto á participación de todas as compositoras e compositores que o desexaren, tendo de prazo até o 15 de xuño de 2024.

Os orixinais enviaranse por correo certificado a: Fundación Manuel María de Estudos Galegos. R/Educación 4, 7º Dta. 15011 – A Coruña.

www.casamuseomanuelmaria.gal 
Teléfono: 698 177 621
Correo electrónico: contacto@casamuseomanuelmaria.gal