Concurso Nacional de “Contos de Nenos para Nenos”

A Agrupación Cultural O Facho convoca o Concurso Nacional de “Contos de Nenos para Nenos” 2024, no que se establecen 2 categorías:
-Categoría A: Nenos e nenas de 9 a 12 anos
-Categoría B: Rapaces e raparigas de 13 a 16 anos

Os contos deben ser orixinais e inéditos e non poden ter sido premiados con anterioridade. Estarán escritos en lingua galega en calquera das normas ortográficas (RAG, Eo-Naviego, Reintegrado, Lusófona). A extensión máxima dos contos irá en función da categoría:
-Categoría A: 5 folios
-Categoría B: 10 folios
Cada autor poderá presentar unha única obra.

Requisitos
Poderán participar rapaces e raparigas de entre 9 e 16 anos.

Dotación
Para cada categoría
Primeiro premio: 500 €
Segundo premio: 300 €

prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 6 de Maio de 2024.

Máis información
https://ofacho.com