II edición de Relato exprés

Para todas esas persoas que soñan con relatar e converter as súas reflexións e vivencias en historias, Cultura Inquieta, coa colaboración de Iberdrola, lanza a II edición de Relato exprés: un concurso en Instagram de relatos curtos con 2.000 euros en premios

Como participar?

Sobe unha imaxe fixa (a que che apeteza, sexa fotografía, pintura ou ilustración e de autoría propia ou allea, indicándoo), un carrusel con varias imaxes ou un vídeo ao teu perfil aberto de Instagram e escribe un relato en castelán que garde conexión con esa imaxe, imaxes ou vídeo. A extensión do relato ha de ser, como máximo, a que vos permita Instagram (2.200 caracteres).

Nota: O perfil de Instagram onde publiques os relatos ha de ser público, xa que, pola contra, non se podería ler. Se queres participar pero non queres deixar aberta a túa conta de Instagram, podes crear unha conta nova e utilizala unicamente para participar no concurso.

Podes participar cos relatos que queiras ata o martes 7 de maio de 2024 ás 23:59 h. 

Engade, ao final da túa historia, as mencións a @culturainquieta e @iberdrola e o hashtag #relatoexprés2024

Premios

Hai un total de 2.000 € en premios en metálico para as persoas gañadoras, ademais dunha difusión editorial en Cultura Inquieta e en todas as súas canles.

Os premios económicos repartiranse entre os 7 relatos gañadores da seguinte maneira:

1º premio: 600 euros
2º premio: 400 euros
Do 3º ao 7º premio: 200 euros

https://culturainquieta.com/literatura/cultura-inquieta-lanza-la-ii-edicion-de-relatos-expres-un-concurso-de-escritura-con-2-000-euros-en-premios