Concurso Runas 2024

O Concello de Ortigueira, a través do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, convoca o concurso musical denominado “RUNAS” destinado á promoción de novos valores da música celta e folk.

Requisitos de participación:
a) Os grupos musicais estarán formados por un mínimo de 2 e por un máximo de 10 compoñentes. En caso de superar este número, deberán solicitar autorización da organización exclusivamente por razóns técnicas.
b) Contarán cun repertorio mínimo de 40 minutos.
c) Non poderán participar bandas ou formacións que se clasificaron para a final do Concurso Runas na edición anterior (2023).
d) Os participantes comprometeranse a ceder os dereitos artísticos e musicais ao Concello de Ortigueira, en caso de ter algún contrato con algunha empresa discográfica ou musical, para poder desenvolver a súa participación.
Poderán tomar parte no concurso as formacións cuxo repertorio aborde a música tradicional dos países de orixe celta, en sintonía coa música habitual que se programa no Festival de Ortigueira, calquera que sexa a súa procedencia.

O material para participar deberá enviarse desde a publicación das presentes bases na páxina web do festival e ata o luns 29 de abril de 2024, dalgunha das seguintes formas:
– A través da sede electrónica do Concello de Ortigueira na seguinte dirección: Para iso é necesario que a presentación se realice por persoa física ou xurídica que dispoña de firma dixital.
Para presentar a documentación polo devandito procedemento accederase á sección Trámites – Educación, Cultura e Deportes, e dentro dela aparecerá o procedemento. Tamén poderá accederse directamente desde Catálogo de trámites – trámites destacados. Presentación electrónica.
– Por email, á seguinte dirección de correo electrónico: runas@festivaldeortigueira.com .Se por calquera motivo dita conta non estivese operativa, poderá enviarse alternativamente a info.festival@concellodeortigueira.com.

O proceso de selección constará de 2 fases:
1ª fase.- Finalizado o prazo de recepción de traballos, un comité técnico nomeado polo Concello de Ortigueira fará unha selección dun máximo de 10 traballos de entre os recibidos que reúnan todos os requisitos.
2ª fase.- Os traballos dos grupos seleccionados poderán escoitarse na páxina web do Festival para partir do martes 7 de maio, momento en que se activará o proceso de votacións na páxina web oficial www.festivaldeortigueira.com e que finalizará o martes 21 de maio ás 14:00 h.

Os 3 finalistas do concurso de 2024 serán seleccionados a través da votación en liña e do xurado, e actuarán no Festival do ano 2024

Da actuación dos 3 finalistas do Concurso Runas 2024 sairá o gañador que actuará no ano 2025 no escenario principal.

Dotación:
-Os 3 grupos finalistas do ano 2024 actuarán no Festival e recibirán un caché de 1.500 €, IVE incluído.
-O gañador da edición de 2024 actuará no Festival do ano 2025 e percibirá un caché de 3.000 €, IVE incluído pola súa actuación.

Convoca: Concello de Ortigueira

Máis información:
runas@festivaldeortigueira.com


Runas 2024
Sede electrónica