Convocatoria 2024 de Erasmus+

A Comisión Europea presentou a convocatoria de propostas 2024 de Erasmus+, o programa da UE de apoio á educación, a formación, a mocidade e o deporte así como a guía que regula a xestión do programa.


As datas límite para a presentación dos proxectos durante 2024 serán as seguintes:

20 de febreiro: Acción crave 1 (KA1)
Intercambios xuvenís
Proxectos de mobilidade para traballadores no ámbito da mocidade
Actividades de participación xuvenil
Acción de inclusión de DiscoverEU
Mobilidade do persoal no ámbito do deporte

5 de marzo: Acción crave 2 (KA2)
Asociacións de cooperación
Asociacións a pequena escala

1 de outubro: Acción crave 1 (KA1)
Intercambios xuvenís
Proxectos de mobilidade para traballadores no ámbito da mocidade
Actividades de participación xuvenil
Acción de inclusión de DiscoverEU
Mobilidade do persoal no ámbito do deporte

1 de outubro: Acción crave 2 (KA2)
Asociacións de cooperación
Asociacións a pequena escala

Admisibilidade
Calquera entidade pública ou privada que traballe no ámbito da educación, a formación, a mocidade e o deporte poderá solicitar financiamento no marco do programa Erasmus+.
Ademais, os grupos de mozos/as que traballen no ámbito da mocidade, aínda que non sexa necesariamente no marco dunha organización xuvenil, poderán solicitar financiamento para a mobilidade educativa de mozas ou de traballadores do ámbito da mocidade, para actividades de participación xuvenil e para a Acción para a Inclusión de DiscoverEU.

Consulta a guía 2024 do programa Erasmus+: https://erasmus-plus.ec.europa.eu/erasmus-programme-guide

Convocatoria: https://eur-lex.europa.eu/legal-content/ES/TXT/PDF/?uri=OJ:C_202301262

Máis información sobre Erasmus+: https://erasmus-plus.ec.europa.eu/es/about-erasmus/what-is-erasmus