Curso de socorrismo

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca en Baiona un curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia, destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional do socorrismo.

Requisitos:
– Persoas maiores de idade en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
– Non estar inscrito/a de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

As persoas admitidas nos cursos deberán superar a proba específica «combinada con aletas», que constitúe o primeiro módulo formativo dos cursos convocados, e cuxo contido se poderá consultar na ficha específica do curso da páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal, na pestana Formación.

Lugar: Baiona
Datas: do 3 de maio ao 15 de xuño de 2024
Proba específica: 3 de maio ás 16:00 h.
Prazas: 27

O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de abril de 2024
Máis información no DOG do 17 de abril de 2024 e en http://agasp.xunta.gal