Cursos MOOC da UNED

Cursos MOOC da UNED: unha revolución educativa en liña.

Desde a UNED aberta, a plataforma en liña da UNED, ofrécese unha gran variedade de cursos MOOC, unha forma innovadora de aprendizaxe en liña que combina flexibilidade e calidade educativa.

Son cursos deseñados para adaptarse ás necesidades e horarios dos/as alumnos/as e brindan a oportunidade de ampliar coñecementos en diversas áreas de estudo.

Con máis de 200 cursos dispoñibles de forma gratuíta, os/as estudantes teñen a liberdade de elixir aqueles que se adapten ás súas necesidades e intereses.

Os cursos MOOC da UNED dan a posibilidade de obter acreditación e recoñecemento polo traballo realizado.

Ao completar un curso, os/as estudantes poden obter insignias dixitais que certifican o seu logro, así como unha credencial e un certificado cun ECTS (European Credit Transfer and Accumulation System), permitindo validar os coñecementos e habilidades adquiridas.
 
A plataforma utilizada pola UNED para os seus cursos MOOC baseada na plataforma OpenEdX é intuitiva e fácil de usar.

Unha vez que os/as estudantes se rexistran, poden acceder aos cursos de maneira sinxela e explorar os diferentes materiais e recursos dispoñibles.

A  UNED oferta cursos en diferentes áreas, co fin de chegar a todos os públicos e de cubrir as diferentes demandas, transformado a forma en que as persoas acceden ao coñecemento.

Máis información:
UNED
C/ Juan del Rosal, 14 – 28040 Madrid
comunicacion@adm.uned.es
www.uned.es