Demosónico, Estudo Aberto

Este maio, Vigosónico convértese en “Demosónico, Estudo Aberto”. 

Esta iniciativa abre as portas do estudio de gravación ás bandas locais de Vigo, cun enfoque especial naquelas que ensaian nas salas de Vigosónico. 

Durante este mes, ata 8 bandas ou artistas terán a oportunidade de gravar unha demo da súa música nun espazo de 8 horas repartidas en dúas tardes. 

Esta é unha oportunidade única para obter unha gravación de calidade que sirva como material de traballo e promoción.

Criterios de Selección:

  • Ensaio en Vigosónico:
    • Bandas que ensaian en Vigosónico: +10 puntos
  • Empadroamento en Vigo*:
    • Todos os membros empadroados en Vigo: +5 puntos.
    • Máis do 50% dos membros empadroados en Vigo: +2 puntos.

*Polo menos o 50% dos membros deben estar empadroados en Vigo para poder participar.

  • Idade dos integrantes:
    • Tódolos integrantes son menores de 35 anos: +5 puntos.
    • O 50% dos integrantes, ou máis, son menores de 35 anos: +3 puntos.
  • Participación en obradoiros de Vigosónico*:
    • Por cada obradoiro, o primeiro integrante de cada grupo que asista: +5 puntos por sesión.
    • A partir do segundo membro que asista ao mesmo taller: +1 punto extra por sesión.

* Serán outorgados os puntos por asistencia a obradoiros do anterior trimestre, sen necesidade de repetir os cursos.

  • Produción musical propia:
    • Grupos con temas propios: +3 puntos.
    • Bandas ou artistas sen maquetas gravadas: +3 puntos. 

Proceso de Selección:

  • O 80% restante dependerá dos puntos acumulados segundo os criterios establecidos anteriormente.
  • O 20% da decisión final recaerá en mans do persoal de Vigosónico

Esta combinación de avaliación obxectiva e criterio profesional asegura unha selección diversa e de calidade, dando unha oportunidade xusta a tódalas bandas participantes de ser seleccionadas. 

Vigosónico se reserva o seu dereito de esixir documentación para demostrar que os datos deste formulario son certos (documentos de identidade, volantes de empadroamento, autorización de pai/nai/titor no caso de menores de idade ou calquera outro documento que considere oportuno).

Se a túa banda é finalista será necesaria máis información para o técnico de son, a solicitaremos no email da banda que indiquedes neste formulario e calquera consulta ao respecto debe enviarse por email: Rider, plano de escenario, tomas de corrente necesarias, nºde canles e cantos levan DI, marca dos amplificadores da banda.

Para obter máis información contacta con nós a:  vigosonico@gmail.com