I Concurso de vídeo de TikTok sobre a creatividade

A Vicerreitoría do Campus de Pontevedra  na Semana da Creatividade convoca o “I Concurso de vídeo de TikTok sobre a creatividade” que se desenvolverá do 22 ao 26 de abril de 2024.

Requisitos do vídeo:
-O vídeo deberá mostrar a vida do Campus CREA de Pontevedra.
-As persoas participantes farán un vídeo no que tenten responder a seguinte pregunta: Que é a creatividade para ti?
-Todo está permitido, desde obras de arte a interpretacións, pasando por actuacións, narracións visuais ou calquera outra forma de expresión.
-A peza publicarase na plataforma TikTok e non deberá superar os 60 segundos.
-As persoas que queiran participar deberán subir á súa conta de TikToK o vídeo e mencionar @uvigoshow .
-Cumprirá seguir a conta UVigoShow en TikTok.
-A publicación incluirá ConcursoCampusCREA.
-Poderase concorrer con máis dun vídeo ao concurso, aínda que só un por participante poderá ser premiado.
-O vídeo debe ser orixinal, inédito e non premiado en ningún concurso anterior.
-De non estar gravado en galego, o vídeo deberá estar subtitulado neste idioma.

Premiaranse os vídeos que mellor reflictan en TikTok o significado da creatividade e outorgaranse un galardón de 250 euros e dous accésits de 150.

Poderá presentarse ao concurso toda a comunidade universitaria ata o 15 de abril.

Máis información:
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Casa das Campás
Rúa Don Filiberto 9-11
36002 Pontevedra
+34 986 802 080
xes.crea@uvigo.gal

Bases da convocatoria