I Concurso Galipedia da USC

A Universidade de Santiago convoca o I Concurso de Edición da Galipedia, dirixido a toda a comunidade universitaria co obxecto de promover a produción e a difusión de artigos de calidade contrastada da wikipedia en galego en áreas como as matemáticas, a psicoloxía e nalgunhas enxeñarías.

Quen desexe participar nestes premios, promovidos polas comisións de normalización lingüística das Facultades de Matemáticas e Psicoloxía e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, debe inscribirse antes do 31 de maio e editar un artigo ou un conxunto de artigos sobre as materias que se imparten neses centros, ben creándoos de novo ou ben mellorando de forma significativa algúns xa existentes.

Esas edicións terá que presentalas ao concurso antes do 5 de setembro.

Concederanse un total de seis premios, dous por área de coñecemento, con contías de 350 e 150 euros para o primeiro e o segundo posto, respectivamente.

Máis información:
www.usc.gal
www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica/promover/concursos-premios/concurso-edicion-galipedia