IV Premio de Poesía Eduardo Pondal

Medulia Editorial convoca a IV Premio de Poesía Eduardo Pondal no seu afán de estimular a creatividade literaria e de honrar a figura do autor do Himno Galego.

As obras deberán ser orixinais e inéditas, estarán escritas en lingua galega e terán temática libre. A súa extensión será de entre 400 e 1.000 versos.

presentación dos textos realizarase mediante o envío por correo postal ao enderezo Medulia Editorial. Apartado de Correos 1320. A Coruña (A Coruña) indicando no sobre “Certame Literario. IV Premio de Poesía Eduardo Pondal”.

Requisitos
Poderán concorrer todas/os as/os autoras/es que o desexen.

Dotación
Establécese un premio consistente en diploma acreditativo, pergameo, e a obra única e orixinal dun recoñecido artista galego. A obra gañadora será editada por Medulia Editorial, recibindo o autor/a premiado/a un total de 20 exemplares.

prazo de recepción das obras estará aberto ata o 1 de maio de 2022.

Máis información
http://meduliaeditorial.es