Letras Gazafellas 2024

A Asocicación Cultural Gazafellos do Val convoca o III Certame Letras Gazafellas 2024 no que se establecen 2 categorías:
-Infantil: alumnado de 3º a 6º de Primaria
-Xuvenil: alumnado de ESO, Bacharelato e FP ata 18 anos

As obras deben ser orixinais, inéditas e non ter sido premiadas con anterioridade. Estarán escritas en lingua galega e os autores poderán presentar tantas obras como desexen. Poderanse presentar relatos e poemas cas extensións seguintes:
Relatos: máximo 5 páxinas
Poemas: máximo 1 páxina

A presentación de orixinais poderá realizarse de xeito presencial ou mediante envío por correo postal ao enderezo AC Gazafellos do Val, Avenida das Brañas, 6, Negreira (A Coruña); ou correo electrónico ao enderezo gazafellosdoval@gmail.com

Dotación
Premio da Categoría Infantil: Vale de 60 € na Libraría Remuíño (Negreira)
Premio da Categoría Xuvenil: 60 € en metálico

O prazo de recepción de orixinais estará aberto ata o 1 de maio de 2024.

Máis información
Bases
gazafellosdoval@gmail.com