Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (abril 2024)

No mes de abril de 2024, van ter lugar os seguintes monográficos:


• Venres, 19 de abril. Oratoria e filosofía de taberna por Manoel da Costa
• Martes, 23 de abril. O feito trobadoresco na súa globalidade oral por Xabier Ron
• Xoves, 25 de abril. A musicalidade da palabra por Paco Barreiro
• Martes, 30 de abril. Os monstros nos pregos de Cordel e noutros escritos por Félix e Castor Castro Lorenzo

Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.

Programa do acto do venres, 19 de abril de 2024

        ►De 17:00 a 17:50. Taller de oratoria. Contido e contienente. Relatorio de introdución a algunhas técnicas de estruturación da oralidade


        ►Descanso de 10 minutos


        ►De 18:00 a 18:50. Posta en práctica dalgunhas das estratexias expostas na hora anterior arredor dos libros das Crónicas dun filósofo tabernario. Obradoiro arredor dos contos O radio  do Diamantino e De chapeus de tres picos que só teñen dous. Posta en común


        ►Descanso de 10 minutos


        ►De 19:00 a 20:00. Sesión aberta: Aquelas vellas tabernas mariñeiras. Como nace e evoluciona no tempo unha triloxía. Persoas e personaxes na triloxía. Posibilidade de desenvolver unha peza curta de teatro improvisado arredor do Mira quelledigo e don Manoel falando na taberna

MÍNIMA BIOGRAFÍA DE Manoel da Costa (A Coruña 1947)


En moitas ocasións o autor definiuse a si mesmo como «aprendiz de todo, mestre de nada». Tal definición non deixa de ser bastante inexacta posto que fáltanlle moitas cousas das que ser aprendiz, e sen dúbida é mestre en algunhas outras. Aínda que non fora máis que das instalacións eléctricas na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, un tema do que leva publicados uns poucos libros, incluído un que leva por título Cabos illados para o transporte e distribución de enerxía editado no 2005 pola propia Universidade, que foi o primeiro publicado en galego desta especialidade, e que me temo que sega a ser o único libro de enxeñería publicado na nosa nobre fala.
Coa chegada da idade de xubilación obrigatoria veu a súa oportunidade de dedicar tempo e esforzos a outras das moitas actividades por largo tempo adiadas. De dúas delas, a literatura e a ilustración, son unha boa mostra a triloxía que leva por título Crónicas dun filósofo tabernario que forman os títulos MirequelledigoA taberna do Mincha e Escoite e verá. Relatos e ilustracións súas figuran tamén nos libros colectivos Visitantes do alén da lúa e Visitantes do alén da morte da serie de Contos estraños, e no A forza e a firmeza do traballo e a cultura editado polas CCOO de Galicia con motivo do cincuentenario das folgas do 72.
Tamén ten participado como cineasta nos 14.ª e 19.ª festivais MICE de cine etnográfico organizadas polo Museo do Pobo Galego.