Plan Renova o teu vehículo

A Xunta de Galicia convoca subvencións para a adquisición no ano 2024 de vehículos por parte de persoas e de empresas.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 17 de xaneiro de 2024 ás 9.00 horas  e rematará o 30 de setembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos.

As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta co procedemento IN421U

A adquisición do vehículo obxecto da subvención poderase efectuar a partir do 1 de xaneiro de 2024.

Será subvencionable a adquisición de vehículos novos cun custo inferior ou igual a 42.000 € (impostos incluídos), que se amplía a 47.000 € (impostos incluídos) para vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 km en modo eléctrico, que cumpran os seguintes requisitos:
– Vehículos M1 (turismos) cun valor de emisións iguais ou inferiores a 125 g CO2/km.
– N1 (furgonetas) cun valor de emisións inferiores ou iguais a 120 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA < 2.500 kg ou cunhas emisións inferiores ou iguais a 185 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA ≥ 2.500 kg.

Para acceder á subvención, será requisito imprescindible que o adquirente titular do vehículo subvencionable acredite a baixa definitiva en circulación dun vehículo que se vaia achatarrar no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico.

Máis información no DOG do 14 de decembro de 2023 e na sede electrónica da Xunta