Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer

A Asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e outras entidades, convoca o III Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer destinado a concienciar a sociedade sobre a enfermidade do alzhéimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade.

O núcleo temático da obra será a enfermidade do Alzheimer e outras doenzas próximas de deterioración cognitiva, así como todos os elementos que xiran arredor delas, os xa mencionados (invisibilización e a estigmación deste colectivo, a importancia da figura do coidador/a, a necesidade de xerar de afecto e empatía da sociedade, a necesidade da relación nenos e maiores e a necesaria implicación de todos os elementos sociedade e o apoio e a necesidade da investigación científica), tendo cabida tamén calquera outro tema relacionado con esta doenza, etc.

O idioma das obras presentadas será o galego.

As persoas interesadas en participar deben ser maiores de 18 anos e poderán enviar os seus orixinais inéditos ata o 1 de xullo. 

Establécese un único premio dotado con 3.000 €.

As bases completas da convocatoria e o proceso de participación poderán consultarse no Portal da Lingua Galega.