Premio de Novela Curta “Alén”

O Concello de Ares convoca a II Edición do Premio de Novela Curta “Alén”.

A obra, cunha extensión mínima de 80.000 e máxima de 140.000 caracteres con espazos, presentarase por triplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara. Cada participante poderá presentar un único traballo en lingua galega, orixinal e inédito, e nel aparecerá recollida a emigración galega preferentemente de alén mar, aínda que poderá referirse a de a calquera lugar do mundo. Non é necesario que a novela teña como eixe a emigración, pero si que deberá formar parte da trama ou da vida dalgún dos seus personaxes.

Os traballos, citando “II Premio Novela Curta Alén” Concello de Ares, remitiranse a: Concello de Ares, Rexistro Xeral. Á/a da Área de Cultura, Av. Saavedra Meneses, nº12, 15624 Ares (A Coruña).

Requisitos
Poderán concorrer ao certame todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade e/ou residencia.

Dotación
Premio único de 2.000€, diploma e publicación da obra por Hércules de Ediciones.

O prazo de admisión dos orixinais estará aberto ata o 10 de maio de 2024.

Máis información
https://concellodeares.gal/