Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor

A Deputación de Ourense convoca o XLIII Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor.
Poderán participar no premio as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade, que presenten novelas orixinais, inéditas, non premiadas en ningún outro certame, nin publicadas ou rexistradas, total ou parcialmente, escritas en lingua galega coa normativa ortográfica vixente.

Poderán presentarse orixinais ata o 24 de xullo de 2024.
Outorgarase un único premio indivisible, dotado con 15.000 €

Máis información no BOP de Ourense do 11 de marzo de 2024