Premios de Podcasts en galego e portugués “O Vello dos Contos”

Premios de P

O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, en colaboración con Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan os VI Premios de Podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, “O Vello dos Contos”.

Nesta iniciativa colaboran tamén outras entidades que velan pola defensa e a promoción da lingua e da cultura galegas como Ponte nas Ondas, Oral de Galicia, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Rosalía de Castro, a EASD Mestre Mateo, a Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia.

Nesta edición, aceptaranse podcasts orixinais e inéditos relacionados coa vida e a obra de Luísa Villalta, a escritora a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2024 , e outros aspectos relacionados co patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e do Norte de Portugal.

Cada centro educativo poderá presentar un máximo de 10 traballos, cunha duración mínima de tres minutos e máxima de cinco.

Admitiranse obras orixinais e inéditas, individuais ou colectivas, en lingua galega

A solicitude de participación formalizaraa o director ou directora do centro educativo antes do 21 de decembro de 2023 mediante un correo electrónico ao enderezo: certameradiofonico@iesrosaliadecastro.org

O prazo de presentación dos traballos finalizará o 1 de maio de 2024.

Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 10 a 18 anos, de educación primaria (de 5º e 6º curso) e de secundaria de Galicia, e doutros centros de ensino non universitario de Galicia e daqueles que imparten ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra da Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderá participar o alumnado da mesma idade das escolas do Norte de Portugal.

Premios:

– Premio ao mellor traballo do alumnado de 5° e 6° cursos de primaria de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma: 500 euros, lotes de libros para a biblioteca, unha escultura orixinal conmemorativa para a aula e outra para o centro e un diploma acreditativo.
– Premio ao mellor traballo dos centros de educación secundaria de Galicia, doutros centros de ensino non universitario e dos que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, cursadas fóra da Comunidade Autónoma: 500 euros, lotes de libros para a biblioteca e unha escultura orixinal conmemorativa para a aula e outra para o centro e un diploma acreditativo.
Os traballos finalistas tamén recibirán unha escultura orixinal inspirada na figura do Vello dos Contos, realizada por alumnado da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, así como cadanseu lote de libros e un diploma acreditativo.
Os traballos gañadores serán emitidos e divulgados en Radio Galicia e poderán quedar accesibles a través da web da organización e das entidades colaboradoras e do portal  www.ovellodoscontos.gal