Programa de actividades da Casa das Mulleres para o período:abril-xuño

Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período comprendido entre o mes de abril ao mes de xuño de 2024.

OBRADOIRO DE CANTO  “CON VOZ PROPIA”

. OBRADOIRO “COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS: TABLET E MÓBIL”

. OBRADOIRO  “ASOCIACIONISMO FEMININO NAS REDES SOCIAIS”

CURSO “FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DE OCIO E TEMPO DE LECER”

. CURSO “MULLER E SEXUALIDADE”

OBRADOIRO DE CANTO  “CON VOZ PROPIA”

  • Destinado a: mulleres maiores de 18 anos ás que lles guste cantar. Non se precisa cantar “ben”.
  • Formadora: Cristal Méndez Queizán.
  • Obxectivos:
    • Fomentar a aserción e a propia estima (empoderamento).
    • Explorar e liberar os recursos expresivos da voz e do corpo.
    • Incrementar a conciencia e os coñecementos sobre o funcionamento da voz e da respiración para mellorar a voz e a saúde.
    • Recoñecer e valorar as posibilidades expresivas da voz propia e allea.
    • Recoñecer recursos persoais empregando o canto como medio.
    • Construír novas maneiras de relacionarnos, empregando o canto como medio.
    • Promover os valores de inclusión, integración e respecto da diversidade.
  • Descrición: empregando o canto de grupo e individual exploraremos a capacidade expresiva e emocional das nosas voces para recoñecernos e empoderarnos. Paralelamente aprenderanse unha serie de habilidades técnicas para mellorar e facer máis “forte” e “clara” a propia voz. Neste obradoiro o canto é un medio, non un obxectivo, polo que non é preciso “cantar ben” e basta coa intención de gozar xuntas a través do canto.
  • Contidos:
    • Habilidades de base (técnicas relativas á voz e ao canto): respiración e apoio diafragmático, control dos elementos do tracto vocal superior (padal brando, lingua, epiglote, control dos resoadores etc.) e educación da postura enfocada ao canto.
    • Habilidades expresivas: exploración corporal do son a través do movemento e a danza, improvisación e composición, canto e improvisación coral, canto e improvisación individual e escoita consciente e activa das nosas voces.
  • Metodoloxía: utilizaranse moitos recursos da Músico-Terapia e da Danza-Terapia adaptados ás necesidades individuais de todas as participantes. O noso método é participativo e inclusivo, favorecendo o benestar e a integración no grupo así como a creación dun “espazo seguro e protexido” para todas.
  • Temporalización:
    • Duración: 9 sesións. 18 horas.
    • Datas: os luns, do 29 de abril ata o 24 de xuño.
    • Horario: de 18:00 a 20:00.
  • Inscrición e participación na actividade:
    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición).
    • Grupos con capacidade limitada

OBRADOIRO “COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS: TABLET E MÓBIL”

  • Destinado a: mulleres maiores de 18 anos con coñecementos básicos en alfabetización dixital.
  • Formadora: Uxía Cazorla Silva.
  • Obxectivo: proporcionar as habilidades necesarias para o manexo de dispositivos dixitais móbiles (tablet e smartphone).
  • Contidos:

A) TABLET

– Mantemento e actualización do dispositivo móbil.

– Correo electrónico: Gmail.

– Identidade dixital (chave 365).

– Xestións administrativas electrónicas.

– Aplicacións de interese.

B) SMARTPHONE ANDROID

– Mantemento do dispositivo.

– Copias de seguridade.

– Eliminación de arquivos non desexados: memoria dispositivo.

– Aplicacións de interese: Google Maps, SERGAS, notas, calendario…

  • Temporalización:
    • Duración: 7 sesións. 14 horas.
    • Datas: os luns, do 6 de maio ata o 17 de xuño.
    • Horario: de 19:00 a 21:00.
  • Inscrición e participación na actividade:
    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
    • Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada

OBRADOIRO “ASOCIACIONISMO FEMININO NAS REDES SOCIAIS”

  • Destinado a: mulleres integrantes dunha asociación de mulleres ou colectivo feminista.
  • Formadora: Uxía Cazorla Silva.
  • Obxectivo: capacitar ás asistentes das ferramentas dixitais necesarias para visibilizar o traballo realizado pola asociación de mulleres ou colectivo feminista ao que pertence.
  • Contidos:

– Xestión das redes sociais.

– Importancia de crear, estar presente e manter unha rede social.

– Facebook.

– Twitter.

– Instagram.

  • Temporalización:
    • Duración: 4 sesións. 8 horas.
    • Datas: os venres, do 24 de maio ata o 14 de xuño.
    • Horario: de 18:30 a 20:30.
  • Inscrición e participación na actividade:
    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
    • Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada

CURSO: FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DO OCIO E TEMPO DE LECER.

  • Destinado a: monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo de lecer.
  • Formadora: Cristina Rodríguez Ramos, experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades.
  • Obxectivo: incorporar a perspectiva de xénero no traballo cotián dentro dos eidos do tempo libre e de lecer.
  • Contidos:
    • Introdución á perspectiva de xénero. Consecuencias da socialización diferenciada. Conceptos básicos.
    • A transversalidade aplicada ao ámbito do tempo de lecer: a coeducación. Educar en igualdade: educación non sexista.
    • Elementos clave para a planificación coeducativa no tempo de lecer : a comunicación (linguaxe e imaxes), materiais didácticos, habilidades sociais.
    • Prevención, detección e orientación no ámbito da violencia machista.
  • Metodoloxía e modalidade:
  • En liña, a parte teórica(20 horas) soportada sobre Google Classroom e Google Meet. Estas sesións consistirán na exposicións dos contidos, para o que se empregarán documentos, vídeos…
  • Presencial, as sesións prácticasque supoñen unha carga lectiva de 5 horas levaranse a cabo na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) os días 21 de maio e 6 de xuño.
    • Calendario: os martes e os xoves do 7 de maio ao 6 de xuño de 18:00 a 20:30.
  • Acreditación: entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso. Para poder obtelo, deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de cando menos o 80 %.
  • Inscrición e participación na actividade:
    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición. Ficha de inscrición específica).
    • Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.

CURSO “MULLER E SEXUALIDADE.”

  • Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
  • Formadoras: María Montenegro e Débora Baz, sexólogas.
  • Obxectivos:
    • Abrir o concepto de sexualidade en todas as súas dimensións: identidade, relación, pracer.
    • Entender a erótica como o arte de sentir…
    • Cultivar a intimidade…
    • Recoñecer os ciclos vitais femininos.
  • Descrición: neste curso pretendese crear un laboratorio de arquitecturas sexuais efémeras, unha sala de espellos na que cada quen poida mirarse, sempre dende o persoal; porque cada unha, vive, recoñece e desfruta do seu xeito de ser sexuado dende o propio, o único e o diferente.
  • Contidos:
    • Concepto de sexualidade: máis que sexo, proceso de descubrimento.
    • O sensar, a pel e o corpo feminino como espazo de descubrimento.
    • Os ciclos vitais femininos: ciclo ovárico, menopausia.
  • Formato: presencial
  • Temporalización:
    • Duración: 12 horas en 6 sesións.
    • Datas: os martes, do 7 de maio ata o 11 de xuño.
    • Horario: de 18:00 a 20:00.
  • Inscrición e participación na actividade:
    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición. Ficha de inscrición específica)
    • Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.

Proceso de inscrición:

  • Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.
  • Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (DESCARGAR, formato editable). O curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo de lecer ten unha ficha específica (DESCARGAR, formato editable).
  • Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org

No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres de  17:30-21:30.

Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.

Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.

  • Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.


Arquivos a descargar: 

  • Cartel coa programación das actividades (DESCARGAR PDF)
  • Ficha de inscrición xeral (DESCARGAR, formato editable)
  • Ficha de inscrición específica para o Curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo de lecer. (DESCARGAR, formato editable).

Agradecemos a difusión desta información entre as vosas amizades e contactos