Te ou che! Galego de tranquis

TE OU CHE!!!GALEGO DE TRANQUIS

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo convoca o plan de Madriñas e padriños GALEGO DE TRANQUIS.

Con el poñemos en contacto persoas que desexan comezar a falar ou escribir en galego con outras que xa o dominan para que o proceso sexa o máis tranqui posible.

Podes apuntarte como Aprendente ou como Madriña ou Padriño.

De tranquis tamén nas redes

Se queres comezar a usar o galego nas túas redes sociais, emprega o cancelo #GalegoDeTranquis nos teus contidos ou na túa biografía para indicar que vas comezar a empregar o galego e agradeces que a túa comunidade de seguidoras e seguidores vaian de tranquis contigo.

Tamén podes empregar o cancelo #GalegoDeTranquis se queres indicar que se alguén quere comezar a falar o galego contigo, o pode facer sen problema, que te adaptarás e lle farás o proceso máis agradable.

Unha campaña da Área de Normalización Lingüística

Esta é a campaña que desde a Área de Normalización Lingüística lanzamos para promover e facilitar dar o paso a iniciar a vivir en galego entre o estudantado e toda a comunidade da Universidade de Vigo.
 
Máis información:

Área de Normalización Lingüística
Edificio Newton
Facultade de Filoloxía e Tradución
As Lagoas, Marcosende
986 813 574
anl@uvigo.gal