Visita a Cies de Camiño a Camiño

Como todos os anos, o programa Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente visitará as Illas Cíes nesta tempada de primavera 2024. Terá lugar durante os domingos 19 e 26 de maio e haberá unha oferta de 300 prazas. 

O proceso de preinscrición e inscrición detállase a continuación e arranca o martes 23 de abril para a primeira quenda (19 maio) e o martes 30 de maio para a segunda quenda (26 maio) 

AVISO IMPORTANTE: Por motivos organizativos adiántase a convocatoria na Estación marítima de Vigo ás 8:00 dado que hai que confirmar a asistencia, para logo saír no barco das 9:00. A volta está prevista no barco das 20:00

Vista de Camiño a Camiño ás Illas Cies en 2023

PROCESO DE PREINSCRICIÓN E INSCRICIÓN:

Por motivo de que o acceso ás Illas Cies ten que realizarse de xeito personalizado para poder conseguir o acceso na Plataforma do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e dada a elevada afluencia turísitica que está tendo a illa de visitantes foráneos e grupos de actividade, a Concellería de Medio Ambiente abre o proceso de preinscrición para así poder garantir o acceso dos participantes á Illa. 

– VISITA A CIES I: 19 de maio

a) Preinscrición 23-24 de abril , a través do 010 (986810260 dende móbil) en horario de 8:00 a 20:00. Cómpre proporcionar Nome completo, nº DNI e Data de nacemento (datos obrigatorios para poder acceder á Illa), así como móbil para ter contacto.

b) Peche da inscrición: ata 26 de abrilen horario de 13 a 20 horas, na Naviera Mar de Ons (r/Cánovas del Castillo 26). Necesario levar DNI ou copia para comprobar identidades e datos. Os menores de 14 anos non é obrigatorio o DNI. As persoas entre 0 e 4 anos viaxan con billete sen cargo e ocupan praza. No caso de non pechar a inscrición na data indicada, pérdese a praza e actívase o procedemento de chamada de reservas.

Neste momento proporcionarase o QR que habilita para poder retirar o billete de barco. Pago na naviera de 8,5 euros por persoa para obter o billete do barco a partires de 5 anos inclusive (modifica criterio indicado inicialmente na publicidade en relación a menores de 12 anos).

Menores que non vaian acompañados polos seus proxenitores teñen que asinar a seguinte autorización por parte destes (PREMER AQUI AUTORIZACIÓN)

Importante: no caso de perda do billete de barco non é posible acceder a este e polo tanto non se pode visitar á illa.

– VISITA A CIES II: 26 de maio

a) Preinscrición 30 de abril-2 de maio , a través do 010 (986810260 dende móbil) en horario de 8:00 a 20:00. Cómpre proporcionar Nome completo, nº DNI e Data de nacemento (datos obrigatorios para poder acceder á Illa), así como móbil para ter contacto.

b) Peche da inscrición: ata 3 de maioen horario de 13 a 20 horas, na Naviera Mar de Ons (r/Cánovas del Castillo 26). Necesario levar DNI ou copia para comprobar identidades e datos. Os menores de 14 anos non é obrigatorio o DNI. As persoas entre 0 e 4 anos viaxan con billete sen cargo e ocupan praza. No caso de non pechar a inscrición na data indicada, pérdese a praza e actívase o procedemento de chamada de reservas.

Neste momento proporcionarase o QR que habilita para poder retirar o billete de barco. Pago na naviera de 8,5 euros por persoa para obter o billete do barco a partires de 5 anos inclusive (modifica criterio indicado inicialmente na publicidade en relación a menores de 12 anos).

Menores que non vaian acompañados polos seus proxenitores teñen que asinar a seguinte autorización por parte destes (PREMER AQUI AUTORIZACIÓN)

Importante: no caso de perda do billete de barco non é posible acceder a este e polo tanto non se pode visitar á illa.