XIV Encontro de Artistas Novos #EAN14

Chega o XIV Encontro de Artistas Novos, #EAN14, que se celebra do 25 ao 29 de agosto de 2024

O Gaiás convértese por décimo cuarto ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes teñen a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais.

O Encontro de Artistas Novos busca favorecer a convivencia entre artistas emerxentes de Galicia e procedentes doutros lugares e tamén permitirlles entrar en contacto con creadores e creadoras de recoñecida traxectoria e con axentes do sector de eidos como a crítica e o comisariado, que participan no encontro como art followers.

O EAN14 selecciona 40 artistas emerxentes que durante o encontro realizan unha presentación pública centrada no seu traballo e proxecto creativo persoal, servindo así de plataforma e escaparate das súas creacións. Teñen tamén a oportunidade de optar a realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura, convertidas en espazo expositivo non convencional.

As persoas interesadas en participar deben enviar a documentación requirida ao enderezo electrónico que figura nas bases de participación antes das 14:00 horas do venres 24 de maio de 2024.

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/xiv-encontro-de-artistas-novos-ean14