XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

O Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.

As obras serán orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica. As persoas interesadas en participar no certame deberán enviar cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en color de cada unha delas, xunto cunha maqueta acabada de todo o proxecto. Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato; a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas). O material, asinado baixo lema ou seudónimo, e cos datos persoais dos participantes incluídos nun sobre pechado, serán remitidos ou entregados no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende nº4, 15705 Santiago de Compostela).

Requisitos
Poden optar autores e ilustradores de calquera nacionalidade.

Dotación
Premio único: 9.000 €

prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 16 de maio de 2024.

Máis información
http://santiagodecompostela.gal/
https://kalandraka.com/