Concurso de Cómic “Universo Goya”

A Fundación Ibercaja convoca o IV Concurso de Cómic “Universo Goya”.

As obras deberán ser orixinais e inéditas. O tema e a técnica son libres, aínda que o eixo central será a vida e traxectoria artística de Goya, podendo facer referencia a efemérides biográficas do autor, reflexións sobre a súa obra en conxunto ou sobre algún cadro, debuxo ou gravado de forma individual, etc. Deberán ser historias completas, autoconclusivas e realizadas entre 2 e 4 páxinas a unha soa cara, en branco e negro ou cor, formato vertical e en castelán. Cada autor poderá presentar ata 2 traballos.

As obras premiadas e seleccionadas formarán parte da exposición itinerante de cómic “Universo Goya”, que dará comezo no Espazo Novo Fundación Ibercaja (Paseo Fernando o Católico 1-3, 50006 Zaragoza) en decembro de 2024, dentro do Salón do Cómic de Zaragoza.

presentación das obras realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo culturafundacion@fundacionibercaja.es

Requisitos
Persoas mozas de entre 18 e 30 anos nados/as ou residentes en España. Non poderán presentarse os autores que fosen premiados nas convocatorias anteriores.

Dotación
Primeiro Premio: 2.000 € e 20 exemplares
Segundo Premio: 1.000 € e 20 exemplares

prazo de recepción das obras estará aberto ata o 15 de xullo de 2024.

Máis información
https://www.fundacionibercaja.es
Inscrición
97 639 73 87