Probas para o título da ESO para maiores de 18 anos

A Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos.

Requisitos das persoas aspirantes:
– Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
– Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
– Non estar nin ter estado a cursar ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ordinaria nin de formación profesional básica no curso 2023/24.

Realización das probas:
– Convocatoria de abril: a proba terá lugar o día 12 de abril de 2024.
– Convocatoria de xuño: a proba terá lugar o día 7 de xuño de 2024.

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba serán:
– Para a convocatoria de abril: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
– Para a convocatoria de xuño: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.

Poderanse presentar solicitudes de inscrición nos seguintes centros educativos:
– A Coruña: EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, nº 3, 2º andar, 15011 A Coruña.
– Ferrol: EPAPU Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
– Santiago de Compostela: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
– Lugo: EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
– Ourense: EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, nº 4, 32002 Ourense.
– Pontevedra: EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, nº 26, 36002 Pontevedra.
– Vigo: EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, nº 8, 1º andar, 36202 Vigo.

As solicitudes poden descargarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED540A
Máis información e exames de anos anteriores en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238
Publicado no DOG do 11 de xaneiro de 2024